| Openhost - Quén somos |
|
En Openhost apostamos por alternativas tecnolóxicas de I+D+i. Creemos firmemente no software libre; as nosas máximas á hora de traballar son:
As garantías e os beneficios para os nosos clientes ponse de manifesto no traballo desenvolvido por un equipo competente de informáticos e técnicos formados para este fin. O produto final garante á pequena e mediana empresa unha mellor estratexia competitiva grazas aos avances tecnolóxicos e innovación que se lle proporcionan baixo un custo razoable. O uso de software libre é unha realidade cada día maior, xa que os seus servizos son totalmente adaptables, mantendo a mellor relación calidade/custo. Grazas a traballar con código aberto non se paga por concepto de licenzas, nin por propiedade intelectual, así custo dun proxecto redúcese. En openhost ofrecemos seriedade no traballo e garantimos alta funcionalidade dos nosos produtos e servizos cos anos de experiencia que nos avalan. |




Openhost é unha empresa especializada en desenvolvemento de software a medida, consultoría e migracións a tecnoloxías abertas. Adicámonos a satisfacer as demandas dos nosos clientes, ofrecéndolles soporte técnico sobre software libre, instalación e adaptación de GNU/Linux e distintas solucións e servizos, plataformas LAMP, servidores e seguridade...